Cotas Colexiais 2022. Modalidade Pago Único Adiantado
Data: Novembro 26, 2024

Cotas Colexiais 2022. Modalidade Pago Único Adiantado

Prazo: ata o 18 de febreiro de 2022

Ao longo da última semana de febreiro, vaise tramitar a remesa de recibos relativos ao pago adiantado febreiro 2022

Os importes son os seguintes:

COTA ORDINARIA PAGO ÚNICO 2022: 135,00 €

COTA COLEXIAL REDUCIDA PAGO ÚNICO 2022: 67,50 €

COTA COLEXIAL REDUCIDA PAGO ÚNICO 2022:

Poderán solicitala as persoas que se atopen nalgunha das seguintes situacións:

1. Persoas en desemprego. Enténdense incluídas as Bolseiras/os.
2.
Persoas en activo cunha xornada laboral igual ou inferior a 20 horas semanais.
3.
Persoas en activo que ocupen un posto de traballo de categoría inferior á categoría 2 Titulado/a Universitario/a Medio.
4.
Persoas Colexiadas que realicen a actividade profesional por conta propia no seu primeiro ano de alta como autónoma/o.

Para solicitar a cota reducida correctamente debedes seguir as seguintes instrucións:

Remitir a solicitude antes do 18 de febreiro de 2022 (A solicitude está en formato formulario web):

FORMULARIO

  Achegar xunto coa solicitude o informe de vida laboral. Este informe de vida laboral, pode solicitarse na web da Seguridade Social O informe de vida laboral ten que ser recente e actualizado.

  • A documentación deberá ser remitida ao correo electrónico info@traballosocial.gal ou ao nº de fax 981 941 898, ou ben por correo postal
  • No caso de ter algunha dúbida poñerse en contacto co colexio en info@traballosocial.gal ou no 981 568 100

Recordade:  O prazo de recepción de documentación remata o 18 de febreiro de 2022. Toda aquela documentación recibida fóra destes prazos non terá validez para a aplicación da cota reducida.

As persoas que teñades que facer algún cambio nos vosos datos, debedes comunicárnolo canto antes.