CONSULTA PÚBLICA PREVIA ANTEPROXECTO DE LEI DE SERVIZOS SOCIAIS
Data: Novembro 26, 2024

Vén de publicarse a Consulta previa ao anteproxecto de lei de servizos sociais a proposta do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030. Tanto o Consello Xeral de Traballo Social como o Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia coa axuda inestimable dos grupos de traballo, levan tempo traballando  para o impulso desta esperada lei de servizos sociais a nivel estatal, polo que este anuncio supón un avance e paso importante á construción tan necesaria dun novo modelo.

Os Servizos Sociais requiren a mesma visibilidade e empoderamento gubernamental que o Sistema Sanitario, o de Seguridade Social, o de Educación ou o de Emprego, sistemas de protección social fundamentais para garantir dereitos á cidadanía, e que no seu conxunto conforman o Estado de Benestar. 

É necesario consolidar o sistema público de servizos sociais ao mesmo nivel que o resto de sistemas de protección, onde sexan declarados servizos de dereito subxectivo, público, esencial e de interese xeral. As administracións deben recoñecer e garantir a protección social propia do noso sistema, cun marco xurídico que permita unha homoxeneidade de prestacións e servizos vencellados a prevención, protección, e promoción da autonomía ,garantindo deste xeito, a inclusión social das persoas, grupos e comunidades.

Sen  regular un Sistema Público de Servizos Sociais establecido no ámbito do poder do Estado coas súas competencias e funcións claramente definidas para a súa implementación no conxunto das Administracións Públicas, non é factible a execución efectiva dos dereitos sociais, que específicamente lle competen e que requiren de financiamento público e cobertura de atención social pública profesionalizada, para non ser soamente instrumentos de previsión e protección, senón tamén de prevención e de promoción da calidade de vida.

Tendo en conta todo o anterior, agora estamos ante o procedemento de consulta pública, cuxo documento podedes consultar aquí.

As aportacións do COTSG a esta nova lei de servizos sociais canalizaránse a través dos grupos de traballo directamente implicados, coa data límite do 28 de xaneiro a través dos medios habituais de comunicación. 

Grazas pola labor realizada ata o momento, o Traballo Social evoluciona!