[ACTUALIZACIÓN CONTINUA] Información: OPE-SERGAS
Data: Abril 25, 2024

29/09/2022

Publicación das puntuacións definitivas e finalización da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso no SERGAS. Podes consultar a listaxe aquí 

 

14/07/2022

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, relativa á publicación do modelo definitivo de respostas dos distintos exercicios e as puntuacións provisionais da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso na categoría de traballador/a social, convocado pola Resolución do 18 de xuño de 2021. Podes consultar a resolución aquí e podes consultar a listaxe aquí 

09/05/2022

Xa está dispoñible a plantilla correspondente a OPE-Sergas celebrada este domingo. Moita sorte a todas e todos. Podes consultala aquí 

 

26/04/2022

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicos o lugar, a data e a hora de realización dos exercicios da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso na categoría de traballador/a social, convocado pola Resolución do 18 de xuño de 2021. Accede á resolución aquí. 

14/03/2022

O servizo Galego de Saúde vén de publicar o cronograma OPE 2022. Podes consúltalo aquí. 

02/02/2022

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se nomean os tribunais cualificadores dos procesos selectivos para o ingreso, coa condición de persoal fixo, en diversas categorías estatutarias. Accede á resolución completa aquí

02/02/2022

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se declaran, con carácter definitivo, as persoas aspirantes admitidas e excluídas, así como as exentas e non exentas do exercicio de lingua galega, no concurso-oposición para o ingreso na categoría de traballador/a social, convocado pola Resolución do 18 de xuño de 2021. Accede á resolución completa aquí

13/12/2021

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 2021, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se declaran, con carácter provisional, as persoas aspirantes admitidas e excluídas, así como as exentas e non exentas do exercicio de lingua galega, no concurso-oposición para o ingreso na categoría de traballador/a social, convocado pola Resolución do 18 de xuño de 2021. Accede a resolución completa aquí.