Yolanda Villaverde Gondar é traballadora social e directora do CIM da Guarda dende o ano 2003. Isto representa un feito destacable, xa a función de dirección esta ocupada na maior parte dos centros por profesionais de outras titulacións. Ao longo destes anos Yolanda veu como a atención que se presta dende os CIMs foi cambiando e adaptándose ás demandas da sociedade, pero tamén como a figura profesional do Ts foi perdendo presenza nestes recursos de atención ás mulleres. En Galicia na actualidade hai 84 CIMs municipais, de distintas dimensións, e so 10 contan no seu cadro de persoal cunha traballadora social.
Convidamos a seguir lendo o contido desta información que destaca o papel do Traballo Social na intervención social nos eidos da igualdade, a diversidade e a loita contra da violencia contra as mulleres.

