O 28 de novembro celébranse os 20 anos da Lei Orgánica 1/2004, de Medidas de Protección Integran contra da Violencia de Xenero . Esta lei significou un punto de inflexión no tratamento xurídico destes delitos, pero tamén foi decisiva para a modificación da percepción e resposta social desta lacra. A sociedade elaborou outro posicionamento, outra cultura, cara agresores e vítimas, as causas, a xénese e o tratamento.
Os debates aos que dou lugar quedaron atrás e son obsoletos neste momento, están superados dende o punto de vista legas e social.
Un dos avances máis significativos foi a creación de sistemas de protección xudicial, que contemplan ordes de protección áxil, asignación de unidades de valoración da violencia de xénero e a atención psicolóxica e social ás vítimas. Todas son ferramentas, que sempre poden ser melloradas, permiten salvar vidas e ofrecer respostas ás situacións de abuso.
Coincidindo con este aniversario hai distintas voces que reclaman que esta lei avance e asuma a necesidade de dar resposta ás novas violencias contra as mulleres, como son as violencias vicarias e as violencias dixitais. Tamén é destacar a insuficiencia de medios destinados a actuar sobre a raíz do problemas, a dificultade de chegar ás mulleres vulnerables en medios xeográficos ou sociais illados e afondar na abordaxe que se fai dende o sistema educativo deste autentico problema social.
O COTSG quere destacar o camiño andado nestes vinte anos, pero tamén lembrar que os datos de mulleres asasinadas e agredidas nestes últimos meses revelan que aínda estamos no camiño de superar esta violencia selectiva. E tampouco debemos esquecer os nenos e nenas que padecen en distintos grao esta manifestación do machismo estrutural da nosa sociedade. O Traballo Social esta presente na abordaxe da violencia de xénero e as traballadoras sociais teñen información e coñecementos fundamentais para mellorar a atención social das persoas afectadas e para implementar medidas de prevención efectivas. Este coñecemento profesional é ofertado a todos os niveis da administración para colaborar e aportar no camiño aberto contra a violencia de xénero.