O Comité organizador do XV Congreso Estatal e Internacional y III Iberoamericano de Trabajo Social, comunica que se ampliou o prazo para a presentación de RESUMOS DE PROPOSTAS a este encontro que se celebrará en Gijón os días28, 29 e 30 de maio do 2026 na Laboral, Cidade da Cultura.
O novo prazo é ate as 22.59 horas do 31 de outubro de 2025.
Para ampliar a información podes entrar na páxina web do Congreso, e coñecer as modalidades de inscrición e participación. Anímate a presentar a túa experiencia ou boa práctica..
Se tes calquera dúbida podes consultala no mail: congresotrabajosocial@cgtrabajosocial.es

