Xuventude Mentoring
Data: Outubro 14, 2025

Xuventude Mentoring é un programa promovido pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia para favorecer a transición á vida laboral das persoas mozas con estudios de grao ou de formación profesional. Consiste en promover o acompañamento por parte dunha persoa experta no proceso de atopar emprego.  Os e as mentores son persoas voluntarias, profesionais con experiencia que poidan colaborar para transmitir o seu coñecemento e habilidades.

O programa está destinado á mellora das habilidades e competencias para a busca de emprego, tanto por conta propia como por conta allea, a través de accións formativas, actividades de networking e dunha rede de persoas mentoras procedentes do empresariado galego, que ofrecerán asesoramento e apoio.

Máis información AQUI