O pasado 17 de abril ás 17:00 horas o COTSG e FAXPG organizaron unha sesión informativa online, vía Zoom, para a presentación dos servizos e recursos especializados e accesibles en lingua de signos para mulleres xordas que poidan estar sufrindo violencia de xénero. Ademais da importancia da comunicación das mulleres xordas signantes.
Unha xornada realizada pola traballadora social de FAXPG do servizo de atención de Santiago de Compostela e a Mediadora comunicativa de FAXPG da zona norte.