XORNADA DE FORMACIÓN PARA AS UACO
Data: Febreiro 23, 2025

Hoxe celebrouse unha xornada de formación para as  persoas responsables das Unidades de Acompañamento e Orientación Persoal e Familiar (UACO) organizada pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. A primeira intervención desta xornada estivo á cargo do COTSG, a través de Ignacio Igrexas, técnico do proxecto de Traballo Social Educativo.

A súa exposición  estivo dividida en tres partes. En primeiro lugar explicar o concepto, os elementos necesarios e os limites da mediación como método de resolución de conflitos, e a súa viabilidade como ferramenta profesional para intervir no absentismo escolar.

En segundo lugar, abordouse a estrutura e competencias dos servizos sociais da administración para protección de menores . A regulación, competencias e características dos servizos sociais comunitarios básicos e o  Servizo de Educación e Apoio Familiar, SEAF , e dos servizos especializados, Equipos do/da Menor, das delegacións territoriais da Consellería de Politica Social e Igualdade.

Por ultimo, desenvolvemos a definición das distintas situacións que afectan a menores e que requiren a intervención dos servizos sociais , o procedementos para declaralas e as características de cada unha delas, e vimos como se encaixa neste esquema o absentismo escolar, como se valora e cales son as situacións que se poden dar.

Ao longo da intervención destacouse a necesidade de coordinación formal entre os distintos sistemas de benestar que interveñen na atención a nenos, nenas e adolescentes (sanidade, educación, servizos sociais, xustiza), a necesidade de que o sistema educativo interveña como parte activa e coordinada na atención dos problemas familiares e sociais do alumnado, e por último a urxente conexión entre as UACO e os servizos sociais comunitarios competentes en cada centro.