O Colexio Oficial de Traballo Social acaba de publicar a terceira parte do documental do seu 40º aniversario, que percorre as catro décadas de historia da colexiación galega. O documental, dividido en catro partes, estreouse na Gala de Traballo Social, que en marzo celebrou o aniversario do COTSG.
Na canle de YouTube do COTSG xa se podían ver as dúas primeiras partes do documental, que inclúen a fundación do colexio, así como os avances da década dos anos 90. Nesta terceira entrega, agora visible na canle, abórdanse os desafíos do século XXI, como a participación en normas relacionadas co Traballo Social, a defensa da profesión e o asesoramento ás persoas colexiadas. Podes ver esta terceira parte aquí.