Webinar gratuito con inscrición obrigatoria
Día 25 de outubro de 2022
Hora comezo: 17:00 (HORA PENINSULAR)
Plataforma: Canle Youtube Cgtrabajosocial
O traballo social forense como especialización do traballo social nútrese da práctica das traballadoras sociais forenses, quen na sistematización da súa actividade profesional han feito o esforzo de elicitar a teoría que subxace aos diagnósticos forenses. Este proceso connatural ao método científico de traballo social foi a base da conceptualización e teorización do dano social.
No caso do dano social (concepto propio da nosa profesión), a práctica do traballo social forense foi recoñecida no mesmo nivel de consideración que outras disciplinas dentro do contexto xudicial e tomou relevancia nas últimas leis, como a Lei Orgánica 10/2022, do 6 de setembro, de garantía integral da liberdade sexual.
O Consello Xeral do Traballo Social presenta esta charla en colaboración coa Asociación Española de Traballadores/as Sociais Forenses, onde falaremos sobre a consolidación do papel do traballo social forense na avaliación das violencias contra as mulleres dentro da esfera sexual e a repercusión do dano social noutros ámbitos de intervención do Traballo Social.
Participantes:
Presenta e modera: Emiliana Vicente, presidenta do CGTS.
Flor Redondo, presidenta da Asociación Española de Traballadores/as Sociais Forenses
Marta Simón, traballadora social da Unidade de Valoración Forense Integral para a Violencia de Xénero e Intrafamiliar de Áraba