Vigo sen benestar
Data: Febreiro 5, 2025

As traballadoras de servizos sociais do concello de Vigo, xunto con colectivos sociais e sindicatos, e co apoio do COTSG volvéronse a concentrar en Vigo para protestar en contra da precariedade do sistema de benestar nesta cidade na tarde do 18 de decembro. As convocantes reclaman mais persoal e recursos para atender a situación das persoas vulnerables en concreto, e de toda a sociedade viguesa en xeral.

Video resumo da concentración