Convócase a Asemblea Xeral do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia para o martes, 28 de febreiro de 2023
Hora:
17:00 1ª Convocatoria
17:30 2ª Convocatoria
Lugar: Modalidade Mixta: A través da Plataforma Zoom – Online e/ou Sede do Colexio Profesional
Asemblea Xeral. Orde do día:
1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da Asemblea anterior.
2. Presentación e aprobación, se procede, da Memoria Económica 2022.
3. Presentación e aprobación, se procede, dos Orzamentos para o ano 2023.
4. Presentación e aprobación, se procede, da Memoria de Actividades do ano 2022.
5. Presentación e aprobación, se procede, do Plan de Actividades para o ano 2023.
6. Aprobación, se procede, das Cotas colexiais.
7. Rogos e preguntas.
*Os documentos estarán dispoñibles próximamente
Ao realizarse a Asemblea en modalidade mixta e atendendo ao aforo da sede, prégase confirmación de asistencia a través do Formulario de inscrición, para poder recibir as instrucións de acceso e o convite por correo electrónico á sesión de ZOOM.
O prazo de inscrición estará aberto ata o 24 de febreiro ás 15.00h.
RECORDA: No caso de non poder asistir, é posible utilizar a DELEGACIÓN DE VOTO