Vacinación do persoal de Traballo Social
Data: Abril 23, 2024
Da estratexia de Vacinación fronte a COVID-19 en España e do Plan Galego de Vacinación fronte ao SARS- COV-2 derívase a orde de prioridade cronolóxica dos grupos de poboación a vacinar. Na 2a Fase da Estratexia de Vacinación establécese a vacinación de traballadoras e traballadores esenciais para a sociedade como grupo prioritario, mesmo no caso daquelas e aqueles que teñan menos de 55 anos.
A Orde SND/295/2020 declara o Traballo Social como profesión esencial.
A non ubicación das e dos Traballadores Sociais na estratexia de vacinación en Galicia resulta na desprotección inxustificada de persoal e usuarias/os. Un risco incrementado menos comprensible aínda nunha situación de emerxencia social.
O Colexio reclamou información sobre a ubicación do noso colectivo dentro do Plan galego e que e se proceda a vacinar as e os traballadores sociais, seguindo a estratexia de Vacinación fronte a COVID-19 publicada polo Ministerio de Sanidade.
Podes consultar o documento aquí.