O pasado venres, Miriam Rodríguez, a nosa presidenta, tivo a honra de asistir á graduación de Traballo Social na Universidade de Vigo. Foi un evento emotivo e cheo de esperanza para o futuro da nosa profesión.
Na graduación de Traballo Social de Ourense, alzamos a nosa voz cun berro de BASTA XA! contra o xenocidio en Gaza e no mundo. Non podemos seguir mirando cara a outro lado mentres se cometen atrocidades.
Tamén dixemos NON ao espolio dos nosos recursos naturais en Galicia. Non a Altri! A natureza debe ser recoñecida como suxeito de dereitos e debemos protexela.
🌍💪 #GraduaciónTraballoSocial #COTSG #Galicia #DereitosHumanos #ProtecciónMedioambiental
Grazas a todos polo voso apoio e compromiso cun mundo máis xusto e sostible!