Universidades: Graduación na EUTS (Escola Universitaria de Traballo Social)
Data: Decembro 26, 2024

O pasado venres, 7 de xuño, Ana María Vilar, vicepresidenta do COTSG, acude á Graduación da Escola Universitaria de Santiago de Compostela, compartindo un inspirador discurso.

Destacou a importancia da reflexión da ética en cada acción, o valor do coñecemento técnico – científico xunto á calidez e empatía nas relacións e o compromiso co benestar coas persoas coas que traballamos.

Ana Vilar resalta a necesidade de liderar cambios importantes na profesión e na sociedade, a reformulación do Código deontolóxico e a importancia do traballo comunitario e o empoderamento.

Animou ao alumnado graduado a participar activamente nas estruturas profesionais e a recordar sempre os valores fundamentais do Traballo social.

Viva a profesión, viva o Traballo social!