05.04.2022
O COTSG ten coñecemento da devolución a unha usuaria dos ingresos percibidos pola RISGA tras pasar a percibir o IMV, despois de presentar os tramites pertinentes para a súa devolución (informe da HSUE).
- A débeda que contraen as persoas perceptora de RISGA as que se lle concedía o IMV con carácter retroactivo, era condoada para aquelas familias con menores a cargo, a través de dito informe, pero só no caso no que se tivese feito o abono de dita débeda.
- Neste caso si que se fixera ese pago, pero aínda así, con anterioridade, a Xunta informara negativamente da súa devolución.
22.03.2022
Esta sentenza marca un precedente en canto a esixencia da Xunta da devolución dos ingresos percibidos pola RISGA cando se percibe á vez que o IMV.
Dende o Colexio de Traballo Social de Galicia somos conscientes das diferentes eivas e problemáticas detectadas arredor do IMV en Servizos Sociais, e tamén de escritos recibidos por parte de persoas usuarias da Risga e solicitantes do IMV, nos que se advertía da incompatibilidade destas axudas e por tanto a esixencia de ter que devolver a cuantía económica pertencente á RISGA.
Moitas destas persoas decidiron presentar diferentes recursos, así como recurrir estes requerimentos ante a xustiza. Nesta nova de Nós Diario, que podes ver aquí, o Xulgado do contencioso-administrativo número 1 de Vigo vén de pronunciarse a favor das persoas usuarias, apoiándose na Lei 10/2013, de inclusión social da Galiza —reguladora da Risga— que establece que o reintegro das contías indebidamente percibidas só procederá “no suposto de ocultación ou falseamento de datos” ou “calquera outra actuación fraudulenta dirixida a obter ou conservar a prestación económica”
Accede a Sentenza (sen datos persoais)