Únete á mesa de propostas para a Estratexia de Inclusión de Galicia 2023-2030
Data: Xullo 17, 2024

O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia crea unha mesa para recoller as aportacións da profesión á Estratexia de Inclusión Social de Galicia 2023-2030. A consellería de Política Social e Xuventude, a través da Dirección Xeral de Inclusión Social está a preparar a nova Estratexia de Inclusión Social de Galicia 2023-2030. De cara a deseñar dita estratexia, a administración autonómica realiza unha consulta pública para aportar á folla de ruta galega sobre a inclusión social. 

O COTSG considera que o Traballo Social debe mostrar unha postura conxunta de cara ás aportacións nesta estratexia. Por iso, búscase conformar esta mesa na que expoñer, debater e formular as aportacións a este documento tan importante como é a estratexia de inclusión social para os vindeiros 7 anos.

Para unirse a esta mesa de propostas, as persoas colexiadas deben enviar un e-mail a  info@traballosocial.gal

Podes atopar máis información sobre a consulta pública aquí