Toma de posesión de novos cargos do SERGAS
Data: Xuño 9, 2026

O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia estivo presente na toma de posesión dos novos cargos do SERGAS. A semana pasada asistimos, convidados pola Consellería de Sanidade, ao acto de toma de posesión do novo director xeral de Atención Primaria e Comunitaria, Salvador Mariño-Ageitos Monteagudo, e esta mañá a do novo xerente, Luís Ángel León Mateos.
No evento, en representación do Colexio, asistiu o coordinador David Gontán.

Dende o COTSG queremos desexarlles os maiores éxitos nesta nova etapa. Seguiremos traballando man con man coa administración para defender a profesión, mellorar as condicións do noso colectivo e garantir a calidade da nosa sani dade pública.