O venres 6 de marzo celebrouse unha reunión da Xunta de Goberno saínte e da electa no recente proceso electoral. Durante esta reunión produciuse a toma de posesión de Rosario Capelo Casas, e das demais persoas da súa candidatura. Quedando a Xunta de Goberno constituída do seguinte xeito:
Presidenta: Rosario Capelo Casas
Vicepresidenta: Ana Carracedo Aldrey
Secretaria: Ana Ares Quintáns
Tesoureiro: Antonio Doval Canabal
Vogais: Cristina Díaz Mira
Teresa Elvira Muñiz
Isabel Fernández Lema
Angela Justo Rodríguez
Héctor López Santos
Estela Villalda Martínez
No transcurso da reunión conxunta abordáronse temas de traballo e houbo un intercambio de información sobre cuestións pendentes. A continuidade de unha parte da Xunta de Goberno saínte como integrantes da nova fai que o proceso de cambio sexa sinxelo.
Na foto a Xunta de Goberno entrante e as tres persoas suplentes da candidatura electa (Miriam Rodríguez, Ana Vilar e Paula Blanco).

