O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia (COTSG) abre a convocatoria para participar nos seus grupos de traballo. Estes grupos confórmanos profesionais voluntarias, que promoven o estudo do Traballo Social en distintos ámbitos.
Coordinados polo COTSG, os grupos de traballo reúnense mensualmente en modalidade mixta, con opción online e presencial. Nestas reunións, que comezarán en outubro, as persoas participantes desenvolven novas propostas e abordan as problemáticas da área sobre a que traballan.
Que vantaxes obteñen as persoas que forman parte dos Grupos de Traballo?
- Nos Congresos e Xornadas para os que o COTSG habilite becas, haberá prazas reservadas só para as persoas integrantes que participen activamente
- Oferta de formación específica
- Vantaxes no acceso as formacións específicas da área de traballo
- A posibilidade de propoñer unha publicación específica no blog, así como promover e difundir información de interese específica para as redes e a web do COTSG
- Realizar documentación de interese, protocolos, redacción de artigos, actividades formativas, mesas de debate, relatorios, entre outros, en función das demandas do grupo.
- Colaborar no deseño e desenvolvemento de accións para a celebración de datas relevantes do Traballo Social
As persoas interesadas poden unirse aos seguintes grupos de traballo, que xa están activos actualmente:
- G.T. de coordinación de SAF
- G.T. en Educación
- G.T. en Servizos Sociais Comunitarios
- G.T. en Exercicio Libre
- G.T. en Saúde Mental
- G.T. en Saúde
- G.T. en Feminismos
Ademais, este ano búscase crear tres novos grupos de traballo, que abarquen os seguintes campos:
- G.T. Migracións
- G.T. Inclusión
- G.T. Muller
Tamén as persoas colexiadas poden propoñer unha nova temática para crear un grupo de traballo novo.
As inscricións aos grupos de traballo poden xestionarse ata o vindeiro 6 de outubro enviando un email a grupodetraballo@traballosocial.gal co teu nome, número de colexiado/a e grupo.
Pódese solicitar máis información por e-mail en: grupodetraballo@traballosocial.gal ou chamar ao teléfono 604 07 63 63