Súmate ao Movemento #SonTraballadora/or Social e #EuTamén…
Data: Novembro 24, 2024

Dende o Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia (COTSG) queremos contar con vós o vindeiro 19 de marzo, Día Mundial do Traballo Social, para comezar a construír unha campaña permanente de visibilización na DEFENSA da nosa profesión en redes sociais.   Esta idea xurdiu do grupo de traballo de Servizos Sociais Comunitarios do COTSG, buscando unha unión da profesión á hora de denunciar e dar visibilidade ás condicións de traballo. Dende o COTSG levamos tempo reclamando a urxente reforma do sistema de Servizos Sociais. Para iso, precisamos tamén da unión de profesionais que compartimos problemas, inquedanzas e temas comúns, co obxectivo de dar a coñecer ao resto da poboación a nosa situación. ÚNETE A ESTA CAMPAÑA!! Prema aquí para ver un exemplo: https://youtube.com/shorts/DjcFgTMKvfE?feature=share IDEAS: 

#Sontraballadorasocial e #eu tamén fun chamada asistenta social. #Sontraballadorasocial e #eu tamén loito por unha sociedade máis xusta  #Sontraballadorasocial e #eu tamén sufrín insultos por persoas usuarias. #Sontraballadorasocial e #eu tamén quero dedicar mais tempo as persoas usuarias #Sontraballadorasocial e #eu tamén estiven a tratamento por ansiedade. 

Dende o COTSG, faremos unha composición de varios vídeos e iremos publicando nas redes sociais. Anímate a compartilos, comentar o post e por suposto, darlle like!

Esta é unha das numerosas accións que estamos planeando, se queres colaborar nesta campaña ou participar no grupo de traballo envía un e-mail a grupodetraballo@traballosocial.gal Ademais achegamos o enlace para a RECOLLIDA DE SINATURAS  e o escrito de denuncia dos Servizos Sociais Comunitarios. ¡Agardamos que vos guste esta iniciativa!