Vense de publicar o Real Decreto-lei 17/2021, do 14 de setembro, de medidas urxentes para mitigar o impacto da escalada de prezos do gas natural nos mercados comerciantes polo miúdo de gas e electricidade aprobado onte, que entra hoxe en vigor, amplía a prohibición do corte da subministración a persoas vulnerables.
Xa antes das medidas postas en marcha pola pandemia a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do Sector Eléctrico, establecía dous niveis de protección:
- Prohibición total do corte de subministracións, para os consumidores vulnerables severos en risco de exclusión social e atendidos polos servizos sociais, ou aquelas persoas vulnerables con menores de 16 ou discapacitados a cargo.
- Consumidores vulnerables que non cumpran as condicións anteriores e aos que, neste caso durante catro meses, non se lles podía cortar a luz a pesar da falta de pagamentos.
Coa modificación da norma establécese un novo sistema de protección pasados eses catro meses, a Subministración Mínima Vital (SMV) e durante outros seis meses adicionais deberáselles manter unha subministración mínima de confort: 3,5 kW de potencia, de maneira que ás persoas que teñan contratada unha potencia máis alta e se lle aplique ese SMV rebaixaráselles a potencia.
Trátase duha medida que ten carácter permanente, e que se pon en marcha de xeito paralelo á prohibición do corte de subministración a todos os consumidores vulnerables que forma parte do chamado escudo social que foi aprobado para paliar os efectos da crise sanitaria, en vigor, polo momento, ata o 31 de outubro.