BASES DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA 8M
Primeira.- Obxecto
O Grupo de Traballo de Traballo Social e Feminismos “AS SEMENTEIRAS” en colaboración do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia (COTSG) pon en marcha un concurso de Fotografía para mostrar a realidade feminista nas diferentes manifestacións levadas a cabo este 8 de marzo de 2023 nas localidades galegas, así como animar á colexiatura a asistir como axentes de cambio ás diversas mobilizacións.
Segunda.- Persoas destinatarias
Poderán optar ao concurso as persoas físicas que cumpran cos seguintes requisitos:
- Estar de alta como colexiada ou precolexiada.
- Aceptar integramente as presentes bases así como a resolución por parte da organización de calquera problema non recollido nas mesmas.
Terceira.- Requisitos e características das Fotografías:
- Para PARTICIPAR no Concurso hai que cumprir as premisas seguintes:
- Subir fotografía da Manifestación 8M:
- Seguir ao Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia en “instagram” e/ou “Facebook”
- Etiquetar ao Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia na fotografía subida en “instagram” e/ou “Facebook”, usando a modalide de “stories” ou no “feed”.
- As fotografías deben de ir acompañadas do hashtag: #SementeirasCotsg #8M
- Enviar a fotografía ao correo: sementeiras.traballosocial@gmail.com (explicado no apartado 4)
- Non poderán presentarse fotografías que xa foran presentadas noutros concursos nin ter sido publicadas en redes sociais.
- Poderanse usar dúas fotografías como máximo, en “instagram” e/ou “facebook” ou a ambas redes.
- Valorarase, entre outros aspectos, a innovación da iniciativa, a orixinalidade, ademais da súa proxección e impacto.
- No caso do uso de imaxe de crianzas, será responsable de dito uso da imaxe a persoa participante no concurso ou non se aceptarán imaxes nas que aparezan menores.
- As fotografías serán compartidas nas diferentes redes do Colexio.
- Subir fotografía da Manifestación 8M:
Cuarta.- Prazo e lugar de presentación de solicitudes
Para conseguir o premio, as persoas que suban as súas fotografías deberán achegalas ao correo sementeiras.traballosocial@gmail.com, seguida da seguinte información:
- Título e breve exposición da Fotografía
- Nº de colexiación
- Nome e Apelidos da persoa participante
- Teléfono de contacto
O prazo de presentación ata o 9 de Marzo ás 00:00h.
A partir do día 10 de Marzo publicaranse tódalas fotos nas redes sociais do COTSG e procederase ao reconto dos “Me gusta” nas redes para nomear o gañador/a.
Quinta.- Premios e voto
- A partir do día 10 de marzo publicaranse todas as fotos enviadas ao correo electrónico na rede “FACEBOOK” onde se establecerá unha categoría:
- A mellor fotografía máis votada será a gañadora
- As persoas participantes gañadoras serán notificadas a través do COTSG, obtendo como premio un lote de produtos do colexio que teñan que ver cos feminismos e coa profesión do Traballo Social.
Sexta.- Responsabilidade e cesión de dereitos
A organización do concurso non se responsabiliza dos prexuízos que, a pesar das medidas de seguridade adoptadas nestas bases, poidan aparecer por uns contidos inadecuados. A participación no concurso e aceptación das presentes bases implica a cesión á organización dos dereitos de reprodución, exhibición, comunicación pública e transformación de todas as imaxes presentadas.