Actualización 11 de outubro: ampliación do prazo de reserva da axenda ata o 15 de outubro de 2023.
O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia abre o prazo para que a colexiación solicite a súa axenda gratuíta para o ano 2024. Nesta edición, o COTSG inspirouse no novo modelo de Servizos Sociais proposto polo Traballo Social (se queres aprender sobre este tema, o COTSG ofrece unha webinar gratuíta o próximo 4 de outubro).
As persoas colexiadas poden reservar a axenda na área privada da web do COTSG entre o 20 de setembro e o 11 de outubro (posteriormente, o día 11 de outubro habilitouse unha ampliación do prazo ata o día 15). Na reserva, poderase escoller entre entrega a domicilio, gratuíta, ou recollela persoalmente na sede do COTSG.