Silvia Pereira, o Traballo Social de empresa
Data: Xullo 31, 2026

Silvia Pereira Bartolomé, é unha traballadora social que dende que se graduou tiña claro que lle gustaría facer traballo social de empresa. En aqueles anos esta posibilidade non era moi factible, pero cambios sociais e na realidade do mercado laboral fan que agora sexa un dos seus traballos. Nestas últimas semanas ten participado en distintos foros para falar da prevención do absentismo laboral dende a intervención social nas empresas. Unha óptica nova nun problema de actualidade na axenda politica e dos medios de comunicación.

A súa actividade fomenta a construción de novos escenarios onde o Traballo Social aporta a súa bagaxe de disciplina centenaria para facilitar a satisfacción das necesidades sociais que emerxen no momento presente. É un xeito de ampliar os espazos e os roles dos traballadores e traballadoras sociais.