Reunión sobre o sistema de protección á infancia
Data: Outubro 13, 2025


O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia (COTSG) mantivo unha reunión coa portavoz de infancia do BNG, Ariadna Fernández, para analizar a situación actual do sistema de protección á infancia en Galicia.
No encontro participaron as traballadoras sociais dos equipos de menores Ana Rodríguez, Ana Carracedo e Ángela Justo.así como coordinador do COTSG, David Gontán, a secretaria Rosario Capelo.
Durante a reunión abordáronse as principais problemáticas e retos que afronta o sistema de protección, así como as necesidades detectadas polos equipos profesionais que traballan directamente con nenos, nenas e adolescentes en situación de vulnerabilidade.
Desde o COTSG destacamos a importancia de manter abertos estes espazos de diálogo e colaboración coas forzas políticas para avanzar cara a un sistema máis xusto, eficaz e centrado nos dereitos da infancia.