Reunión da Xunta de Goberno do COTSG co PSdG- PSOE
Data: Febreiro 23, 2025

O pasado venres 31 de xaneiro, a Xunta de Goberno do COTSG mantivo unha reunión coa deputada autonómica, e  responsable de Política Social  no PSdG-PSOE, Silvia Longueira no Parlamento de Galicia,

Durante este encontro a Xunta de Goberno informou sobre a nova normativa que foi aprobada polo Parlamento, sen previa consulta ás entidades que conforman o Consello Galego de Benestar, entre os que se atopa este Colexio Oficial .

Estes cambios inciden negativamente na xestión do sistema da dependencia na nosa comunidade, avogando por prestacións fronte a servizos públicos e de calidade, obviando o acompañamento e o asesoramento profesional, así como a promoción da autonomía e a potenciación dos servizos comunitarios e de proximidade, afastándose do espírito da lei 39, 2006  de 14 de decembro, de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás Persoas en situación de dependencia.

Transmitíuselle que ante a gravidade da situación o COTSG, xunto  a outros actores sociais,  convocou unha concentración en fronte os edificios administrativos de san Caetano o próximo 10 de febreiro.