Reunión da Mesa Local de coordinación Interinstitucional contra a violencia de xénero de Compostela
Data: Febreiro 23, 2025

O COTSG asistiu o día 7 de febreiro a reunión das comisións de traballo de “Coordinación das intervencións e seguimento” e de “Prevención e educación en valores de igualdade”, da mesa local de coordinación interinstitucional contra da violencia de xénero.

Esta reunión celebrouse no pazo de Raxoi, e durante a mesma fíxose a presentación do Centro de Crise 24 horas para mulleres vítimas de violencia sexual de Santiago de Compostela. Participaron nesta presentación  a coordinadora do centro e o persoal técnico do mesmo.

O colexio estivo representado pola técnica María Olivares.