Reunión coa portavoz nacional do BNG por mor dos cambios normativos de dependencia
Data: Febreiro 23, 2025

O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia, xunto con outros axentes sociais, mantivo unha reunión no Parlamento de Galicia coa Portavoz Nacional do Bloque Nacionalista Galego, xunto con outros deputados e deputadas desta organización.

O obxecto desta reunión era coñecer de primeira man a opinión dos participantes sobre a innovacións normativas que se están a dar nos servizos de atención á dependencia e a discapacidade, e que cambian ate a súa tramitación.

Os representantes do COTSG fixeron fincapé no deterioro da calidade do sistema, a eliminación do Informe Social supón un retroceso para a seguridade das persoas usuarias, e no malestar dos traballadores e traballadoras sociais polo ninguneo profesión ó que son sometidos e sometidas.

Ana Pontón escoitou e tomou notas das aportacións, e resaltou a importancia de mobilizacións como a programada para o 10 de febreiro ás portas de San Caetano.