Reunión co Conselleiro de Sanidade e a Xerencia do SERGAS
Data: Xullo 17, 2024
📢 Miriam Rodríguez, presidenta do COTSG, e Luz Campello, vicepresidenta e delegada en galicia da Asociación Española de Traballo social e saúde (AEYTS), reúnense co xerente do SERGAS, Jose Ramón Parada e o Conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño.
👥🤝 Durante a reunión, abordáronse as principais problemáticas do sistema sociosanitario. Desde a entidade e a AETSYS ofreceron a súa colaboración para presentar propostas destinadas a resolver estas cuestións, así como para explorar novas liñas de colaboración entre as distintas entidades implicadas.