Resumo mensual: xuño 2023 
Data: Xullo 16, 2024

Repasamos as distintas iniciativas realizadas polo Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia ao longo do pasado mes de xuño.   

Resumo de actividades do COTSG:  

  • 20.06.2023 O COTSG participa nunha webinar sobre a canle de denuncias organizada polo Consejo General del Trabajo Social 
  • 23.06.2023 – 25.06.2023 Representantes da Xunta de Goberno do COTSG participan na II Edición da Escola de Verán do Consejo General del Trabajo Social en Navarra. Tamén participan 5 persoas colexiadas, que recibiron unha bolsa do COTSG para a matrícula.  
  • 23.06.2023 – 30.06.2023 O grupo de Traballo Social Educativo, xunto ao COTSG, traballou nas aportacións para reclamar que o perfil social se incorpore nos centros educativos para asumir a figura de Coordinación de Benestar e Protección.  
  • 27.06.2023 Reunión do grupo de traballo COTSG de Servizos Sociais Comunitarios vía telemática. Na xuntanza, abordouse a realidade dos SS.SS Comunitarios, novas eivas e propostas sobre a práctica diaria e liñas de traballo futuras. 
  • 28.06.2023 Reunión do grupo de traballo COTSG de Saúde Mental. Na xuntanza, tratáronse propostas para a organización do evento cara o día da Saúde Mental e o documento sobre as función do Traballo Social en saúde mental. 
  • 28.06.2023 Reunión da Xunta de Goberno do COTSG.

 

Resumo de iniciativas enmarcadas en Defensa da Profesión do COTSG:   

Recurso de reposición:   

  • Concello de Poio:
    • Bases específicas para a creación de bolsas de emprego na categoría de Educador/a Familiar
      • Recurso de Reposición por non incluír a titulación académica de Traballo Social de Galicia entre as requiridas para o acceso ao posto. 

Escrito de recomendación:  

  • Concello de Gondomar:
    • Publicación das Bases que rexeran a convocatoria para a provisión de “Unha praza de asistente/a social xefe/a, persoal laboral fixo, polo sistema de concurso-oposición libre”.
      • Escrito de Recomendación para que subsane a nomenclatura do posto ofertado xa que as categorías profesionais deben de xeito preceptivo adaptarse ás titulacións oficiais existentes 

A formación en xuño:  

Continúa aberto o prazo de inscrición para outras accións formativas do COTSG que se desenvolverán nos vindeiros meses:

Publicáronse 22 accións de formación, externas ao COTSG, de interese para a profesión. 

Novas destacadas: