Resumo mensual: Outubro 2022
Data: Novembro 25, 2024

Actividades levadas a cabo neste mes 

  • 03/10/2022 Reunión arredor da área económica do COTSG- Tesourería
  • 10/10/2022 A coordinadora do COTSG, Nerea Fernández, asiste ao acto de presentación do Protocolo  de prevención e actuación nos ámbitos sanitario e educativo ante o risco suicida infanto-xuvenil.
  • 17/10/2022 Reunión para avanzar cos preparativos de cara a un acto en conmemoración polo 25 anos da Revista Galega de Traballo Social: Fervenzas.
  • 18/10/2022 Emi Vicente presidenta do CGTS e Ana Vilar vogal do CGTS e vicepresidenta do COTSG, acudiron  ao evento de peche do proxecto desenvolto polo Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030 e a Dirección Xeral de Apoio ás Reformas Estruturais (DG-REFORM) da Comisión Europea para a Reforma do Marco Estatal de Provisión dos Servizos Sociais en España, no que se contou coa asistencia técnica da OCDE.
  • 18/10/2022 Reunión de Xunta de Goberno co punto a tratar: Gala do Día Mundial do Traballo Social 2023.
  • 20/10/2022 Belen Vázquez, suplente da Xunta de Goberno do COTSG, asiste  a Comisión Permante do Consello de Saúde da Coruña.
  • 25/10/2022 Reunión para definir novas liñas de traballo e formación dentro do espazo de autocoidado do COTSG: A Lareira Social.
  • 26/10/2022 Celebración da Xunta de Goberno Ordinaria deste mes.
  • 27/10/2022  Pablo Antelo, Vogal do COTSG,  asiste ao Pleno do Consello de Inclusión Social de A Coruña.

Defensa da profesión

Grupos

  • 06/10/2022 Reunión Grupo de Traballo Social e Feminismos
  • 24/10/2022 Reunión extraordinaria Grupo de Exercicio Libre

 

A formación en outubro 

Iniciáronse as seguintes accións formativas:
• “Atención integral a persoas maiores ao final da via” na que participan 25 profesionais.
• “Intelixencia Emocional aplicada ao C.Deontolóxico do T. Social”, con 25 persoas participantes.
• “Informe social e diagnóstico social”, con 30 profesionais.

Remataron as seguintes accións formativas:
• “Peritaxe Social Forense con menores_3ª ed.” que contou con 25 persoas.
• “Apuntes prácticos para a elaboración de informes sociais” realizado en colaboración coa FEGAMP no que participaron 30 persoas.

Continúa aberto o prazo de inscrición para outras accións formativas/webinars do COTSG que se van desenvolver no derradeiro trimestre do ano:
• Pílula formativa online [Ferramentas para a docencia non presencial]
• Obradoiro de autocoidado [A Síndrome da Impostora. Ferramentas para enterrar á nosa impostora]
• Obradoiro de autocoidado [Un encontro, un vínculo. Desgaste por empatía]

Publicáronse 49 accións de formación, externas ao COTSG, de interese para a profesión.