Resumo mensual: Decembro
Data: Abril 25, 2024

Actividades levadas a cabo neste mes 

  • 1/12/2022 Asistencia ao Curso para o manexo de Canva impartido polo Consello Xeral
  • 1/12/2022 Consello Técnico de Atención Primaria. Asiste a Vogal suplente, Isabel Fernández.
  • 2/12/2022 Reunión da Mesa de Traballo Do Novo Modelo de Servizos Sociais.
  • 13/12/2022 Asistencia á Charla arredor da Lei de Servizos Sociais impartida polo Consello Xeral de Traballo Social.
  • 14/12/2022 Reunión do Grupo de Traballo para os preparativos do Día Mundial do Traballo Social 2023
  • 19/12/2022 Reunión da Xunta de Goberno
  • 21/12/2022 Asistencia ao Consello Galego de Benestar. Asiste a Vogal Elena Gómez
  • 21/12/2022 Reunión interna para seguir traballando na evolución do software co obxectivo de incorporar mellorar para a colexiación.
  • 28/12/2022 Reunión de Xunta de Goberno Ordinaria.
  • 30/12/2022 Asamblea Unión Profesional. Asisten a presidenta do COTSG Miriam Rodríguez e o Tesoureiro, Antonio Doval

 

Defensa da profesión neste mes de decembro: 

  • Recurso ao Concello de Carballedo, Covelo e Carnota para incluir a titulación de Traballo Social na praza de Educador/a familiar.
  • Recurso Potestativo de Reposición fronte ás bases específicas da convocatoria excepcional polo sistema de concurso para a estabilización de emprego temporal dunha praza de técnico/a de servizos sociais da Deputación provincial de A Coruña: O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia considera que a titulación de Traballo Social debe estar incluída necesariamente nas titulacións que dan acceso á selección do posto de Técnico/a de Servizos Sociais
  • Solicitar a Función Pública e á Secretaría Xeral de igualdade que se proceda á Creación na Relación de Postos de Traballo nas prazas de Traballo Social nas Oficinas de Atención ás vítimas de delito.
  • Alegacións e suxerencias ao Proxecto de Decreto do Consello de Infancia e Adolescencia

 

O COTSG nos medios

Tamén podes consultar todas as notas de prensa enviada polo COTSG aquí 

A formación en decembro 

Publicouse a Resolución da Convocatoria de Teleformación 2023, na que resultaron seleccionadas as seguintes accións formativas que se desenvolverán ao longo do vindeiro ano:
• Impacto da nova reforma na intervención con persoas con discapacidade. (100h)
• Aplicación de Boas Prácticas para a xestión de Centros de Día desde un modelo de ACP. (100h).
• Traballo social en centros de atención a persoas maiores. (100h)
• Fomentando a inclusión desde o Traballo Social: o colectivo LGTBI+ e as súas necesidades específicas. Recusos e axudas. (50h)
• Deseño de proxectos socioeducativos con perspectiva de xénero desde Traballo Social. (50h)
• A intervención sociolaboral con persoas privadas de liberdade. (50h)
Remataron as seguintes accións formativas:
• “Atención integral a persoas ao final da vida.” que contou con 26 persoas.
• Celebrouse o 13 de decembro a Pílula formativa online [Ferramentas para a docencia non presencial], na que se inscribiron 46 persoas.
• Tivo lugar o Obradoiro de autocoidado [Un encontro, un vínculo. Desgaste por empatía] que contou con 17 persoas inscritas.

Abriuse o prazo de inscrición para as primeiras formacións e obradoiros de autocoidado do COTSG que se van desenvolver no 2023:Atención integral a persoas ao final da vida
Deseño, redacción e publicación de artigos científicos en traballo social
Obradoiro Autocoidado [Comunicación Non Violenta e Atención Plena]
Obradoiro Autocoidado [TeatroVida para Traballadoras Sociais]

Publicáronse 26 accións de formación, externas ao COTSG, de interese para a profesión.