Resumo mensual: Novembro 2022
Data: Novembro 25, 2024

Actividades levadas a cabo neste mes 

  • 7/11/2022 Reunión de Xunta de Goberno co punto a tratar: Gala do Día Mundial do Traballo Social 2023.
  • 23/11/2022 Reunión  para avanzar cos preparativos de cara a un acto en conmemoración polo 25 anos da Revista Galega de Traballo Social: Fervenzas.
  • 9/11/2022 Reunión na que participan Nerea Fernández, Coordinadora do COTSG, Miriam Rodríguez, Presidenta do COTSG e Luz Campello, Xefa de Servizo de Traballo Social Sanitario na Área Sanitaria A Coruña – Cee, coa Subdirección Xeral de Programas de Fomento de Estilos de Vida Saudables.
  • 10/11/2022 Reunión entre a Secretaría e a área de Coordinación do COTSG.
  • 15/11/2022 Reunión para definir os seguintes pasos a dar sobre investigación e tamén sobre a formación en supervisión.
  • 16/11/2022 Reunión extraordinaria da Xunta de Goberno
  • 17/11/2022 Reunión do Grupo de Traballo Social e Inclusión.
  • 18/11/2022 Visita e relatorio na Escola de Traballo Social de Santiago de Compostela co alumnado de 4º curso.
  • 21/11/2022 Reunión arredor do avance das obras na sede do COTSG
  • 21/11/2022 Reunión coa Comisión de Infancia e Familia do COTSG
  • 21/11/2022 Reunión de Xunta de Goberno co punto a tratar: Gala do Día Mundial do Traballo Social 2023.
  • 22/11/2022 Reunión coa nova empresa de limpeza, de cara a establecer como se realizará a posta a punto da sede  logo da finalización das obras.
  • 22/11/2022 Reunión con Francisco Aguiar, xefe do Departamento de Análise e Intervención Psicosocioeducativa coa intención de unir forzas para impulsar unha investigación sobre o burnout nas traballadoras e traballadores sociais nos Servizos Sociais en Galicia.
  • 23/11/2022 Ana Vilar, Vicepresidenta e Elena Gómez vogal do COTSG, participan  na  Xornada “Etic-App” sobre a aplicación da ética na intervención social, organizada polo Comité de Ética do Consorcio As Mariñas.
  • 23/11/2022 Gravación de Marta Simón para elaborar e compartir a pílula rápida: O Dano Social e a Lei do Si é Si, por mor do 25N.
  • 29/11/2022 Miriam Rodríguez, Presidenta, Ana Vilar, Vicepresidenta e Ana Rodríguez, Secretaría do COTSG,  reúnense co presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, D. José María Gómez y Díaz-Castroverde.
  • 30/11/2022 Reunión Ordinaria da Xunta de Goberno.

 

O COTSG nos medios

Tamén podes consultar todas as notas de prensa enviada polo COTSG aquí 

A formación en novembro 

• O 17 de novembro celebrouse o Obradoiro de Autocoidado [A SÍNDROME DA IMPOSTORA. FERRAMENTAS PARA ENTERRAR Á NOSA IMPOSTORA], impartido por Lara Chenlo e Iria Conde no que participaron 12 persoas.

Remataron as seguintes accións formativas:
• “Coidar na casa: Intervención social con coidadoras informais” no que tomaron parte 34 profesionais.
• “Informe social e diagnóstico social”, financiado pola D.X. Inclusión e no que participaron 33 persoas.
• “Intervención social con Persoas con Conductas Adictivas”, realizado en colaboración coa Deputación da Coruña, na que participaron 30 persoas.
• “Intervención especializada a mulleres que enfrontan violencias machistas en situacións de emerxencia e urxencia”, formación dirixida ás profesionais da Quenda de Garda Social para mulleres vítimas de violencia de xénero e que contou con 53 participantes.
Continúa aberto o prazo de inscrición para outras accións formativas/webinars do COTSG que se van desenvolver no derradeiro trimestre do ano:
• Pílula formativa online [Ferramentas para a docencia non presencial]
• Obradoiro de autocoidado [Un encontro, un vínculo. Desgaste por empatía]

Publicáronse 47 accións de formación, externas ao COTSG, de interese para a profesión.