As accións levadas a cabo polo COTSG no mes de marzo foron:
02/03/2022 Reunión interna para continuar traballando nas melloras tecnolóxicas para a colexiación.
03/03/2022 Reunión Grupo de Traballo social e saúde.
03/03/2022 Reunión coa Secretaría Xeral de Igualdade para tratar o Convenio da Quenda de Garda social en Violencia de Xénero
04/03/2022 O COTSG reúnese coa Consellería de Sanidade,en concreto, coa Xerente do SERGAS José Flores Arias, para trasladarlle a necesidade de medidas que melloren a atención sanitaria.
04/03/2022 Reunión interna para levar a cabo a nova liña estratéxica da Xunta de Goberno: AUTOCOIDADO para as e os Traballadores sociais.
05/03/2022 A vogal suplente de Xunta de Goberno Isabel Fernández acudo ao Acto en Fonseca “La Ciencia tiene la mejor respuesta” organizado polo Colexio de Mediciña de A Coruña
10/03/2022 Debate Feminista retransmitido por Youtube para conmemorar o Día 8M. Podes volver a visualizalo aquí: https://www.youtube.com/watch?v=SI_OH06ZYxw
11/03/2022 O Colexio de Terapia Ocupacional, COTOGA e Fundación Salma Galicia organizan unha mesa de Debate sobre saúde mental, no que acude como participante o Tesoureiro de Xunta de Goberno, Antonio Doval.
12/03/2022 Asemblea Xeral do Consello estatal de Traballo Social
15/03/2022 Acto do COTSG polo Día Mundial do Traballo social 2022: Webinar “O traballo eco- Social máis que nunca: a realidade do rural galego“. Podes volver a visualizalo aquí: https://www.youtube.com/watch?v=erdj4wRmyOg&t=79s
22/03/2022 O COTSG participa no panel de persoas expertas para as mulleres en situación de violencia de xénero dentro do marco do Proxecto Europeo SERV
22/03/2022 Webinar de SOS Racismo
23/03/2022 Reunión Comisión de Infancia e Familia
24/03/2022 Reunión do Grupo de Traballo social e Educación
24/03/2022 O tesoureiro Antonio Doval, participa novamente nos debates de Saúde mental, nesta ocasión para tratar oS déficits estruturais na atención coas persoas.
30/03/2022 Xunta de Goberno
31/03/2022 O departamento de Formación do COTSG reúnese con Carmina Puig para impartir unha posible formación en materia de supervisión.
ACTIVIDADES FORMACIÓN MARZO 2022
- Celebrouse o Obradoiro online sobre [DETECCIÓN E INTERVENCIÓN EN CASOS DE RACISMO E XENOFOBIA] no que participaron 33 persoas.
- Iniciouse o curso de T.Social de Grupos, no que participan 20 profesionais.
Abriuse o prazo de inscrición para as seguintes accións formativas
- Curso práctico de elaboración de artigos científicos e sistematización de experiencias [Prazas esgotadas]
- A xestión dos Servizos Sociais Comunitarios. Unha proposta desde o Traballo Social.
- Webinar [A Humanización da saúde. O acompañamento no proceso de final da vida desde o Traballo Social]
Publicouse a Resolución dos Premios do Día Mundial do Traballo Social 2022 e fíxose entrega dos mesmos no evento online celebrado o pasado 15 de marzo.
Publicáronse 60 accións de formación, externas ao COTSG, de interese para a profesión.