Resumo das actividades de mais interese que realizaron dende o COTSG neste mes de outubro de 2024:
REUNIÓNS, XORNADAS E ENCONTROS
- 03.10.2024 Participación na II Xornada Interuniversitaria: As mulleres maiores que sofren violencia de xénero.
- 04.10.2024 O COTSG asistiu a reunión da Comisión de Igualdade do Concello de Santiago.
- 04.10.2024 Asistimos ao Foro de información pública sobre o Alcoholismo.
- 09.10.2024 participamos na Xornada de Adiccións e Xuventude.
- 15.10.2024 Asistencia a xornada de formación organizada pola Dirección Xeral de Planificación.
- 16.10.2024 Participación na Xornada sobre violencia machista con mulleres maiores de 65 anos.
- 16.10.2024 Asistencia ao aniversario da entidade Al-non e Alateen AFALGA
- 17.10.2024 Reunión do grupo de traballo de SAF.
- 24.10.2024 Reunión coa empresa UNAYTA
- 28.10.2024 Reunión coa Dirección Xeral de Protección Civil
Sumamos cada xoves reunións de coordinación interna para organizar as tarefas do persoal do COTSG.
DEFENSA DA PROFESIÓN:
- EGAP escrito para reclamar o acceso das traballadoras sociais ao curso de inspección en servizos sociais.
- Recurso de reposición ante o concello de Pol polo contido das bases de selección
- Recurso ante o concello do Grove sobre a nomenclatura da profesión.
- Recurso ante o concello de Vigo polas bases dos procesos selectivos.
- Solicitude de entrevista coa Conselleira de Política Social e Igualdade.
- Escritos dirixidos ás alcaldías das sete cidades galegas reclamando información sobre o SEAF
- Escrito diante do concello de Malpica reclamando a cobertura dunha praza de Traballo Social.
- Alegacións a RPT de Taboadela.
- Comunicación ás Deputacións provinciais galegas para que tomen medidas que garantan a seguridade das traballadoras sociais.
O BLOG DO COTSG:
- O Traballo Social e as persoas xordas. O día 23 de outubro celebrouse o día internacional da lingua de signos, e o día 28 o Día Internacional das Persoas Xordas, que este ano conmemorouse en Ourense a nivel galego. Parece clara a oportunidade para achegarnos ao Traballo Social , por isto contamos con Paula Ignacio Suárez, traballadora social e coordinadora do servizo de atención a persoas xordas na Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia.
- O Traballo Social en Saúde Mental e a prevención do suicidio. Beatriz Gómez é Traballadora Social no Complexo Hospitalario de Ourense, nunha praza adscrita ao servizo de saúde mental. Co gallo da celebración o día 10 de outubro do día mundial da saúde mental, falamos sobre o seu traballo.
- A defensa da perspectiva social no Ensino Público. Falamos con Isabel Calvete, Presidenta da Confederación de ANPAS Galegas, fala con nós para explicarnos que está a pasar no ensino público e o porque da manifestación por un ensino público de calidade o día 26 de outubro ás 12.00 horas na Alameda de Santiago. Lee entrevista Isabel Calvete