Resumo mensual de Marzo de 2025
Data: Abril 7, 2025

Repasamos todas as actividades e actuacións realizadas no mes de marzo de 2025

  • 04.03.2025  Recurso potestativo de reposición contra das bases específicas de educador/a social para o programa de emprego.
  • 10.03.2025 Escrito dirixido á Subdirección Xeral de Autorización e Inspección de Servizos Sociais sobre o funcionamento irregular do SAF  do Concello de Chantada.
  • 12.03.2025 Obradoiro de prevención de acoso no CEIP Casás de Lugo. Convenio coa Federación de Anpas Galegas.
  • 13.03.2025 Reunión Comisión Interdisciplinar do SERGAS. Asiste a Presidenta Miriam Rodríguez
  • 14.03.2025 Obradoiro de prevención de acoso no CEIP Flavia de Padrón. Convenio coa Federación de Anpas Galegas.
  • 15.03.2025. Asemblea Xeral do Consejo General de Trabajo Social. e entrega de premios estatais de TS.
  • 18.03.2025 Charla do Tesoureiro da Xunta de Goberno, Antonio Doval,  na Escola de TS de Santiago sobre Ts en emerxencias.
  • 18.03.2025 Día Mundial do Traballo Social.
  • 19.03.2025 Reunión coa Directora da FUNGA, Eloina Ingerto.
  • 20.03.2025 Solicitude de información ao concello de Cambre sobre un posto de TS que leva sendo cuberto mediante contratos temporais.
  • 20.03.2025 Recurso diante do concello de Santa Comba polo contido das bases de unha praza de TS para coordinación de SAF.
  • 25.03.2025 Recurso potestativo de reposición pola contido da convocatoria dunha praza de TS.
  • 25.03.2025 Solicitude de información ao concello de Cambados sobre a cobertura de prazas que se atopan vacantes.
  • 26.03.2025 Queixa ante Defensor del Pueblo  pola eliminación do informe social para o trámite de dependencia.
  • 21.03.2025 Acto de celebración do Traballo Social.
  • 26.03.2025 Sinatura coa  Dirección Xeral de Emerxencias e Interior do protocolo para a creación dun grupo de intervención de Traballo Social en emerxencias e grandes catástrofes.
  • 28.03.2025 Reunión da Xunta de Goberno do COTSG.

O BLOG DO COTSG:

  • I informe dos servizos sociais e do Traballo Social en Galicia AQUI