Resumo mensual de decembro de 2024
Data: Xaneiro 22, 2025

 

Repasamos todas as actividades e actuacións realizadas no mes de decembro de 2024

 

  • 04.12.2024  A vogal da Xunta de Goberno, Isabel Fernández Lema,  asisteu ao debate no Parlamento de Galicia, onde se debatia dos cambios introducidos na  normativa sobre o SAAD.
  • 13.12.2024  Celebración en Madrid, organizada polo Consejo General del Trabajo Social, do 40 aniversario da Revista de Servicios Sociales y Política Social. A esta reunión asistiron en representación do COTSG a Presidenta Miriam Rodríguez, a Vicepresidenta Ana Vilar  e  a Vogal Rosario Capelo.
  • 14.12.2024. Asemblea Xeral  do CGTS en Madrid. Asistiron en representación do CODTS Miriam Rodríguez e Rosario Capelo.
  • 19.12.2024. A vogal da Xunta de Goberno, Laura Zapata asistiu a recepción de nadal organizada polo concello de Santiago.
  • 20.12.2024. Asemblea de Unión Profesional de Galicia.. Asistiu en representación do COTSG o seu coordinador,  David Gontan.
  • 27.12.2024  Reunión da Xunta de Goberno.
  • 27.12.2024 Aceptase a dimisión da Secretaria da Xunta de Goberno,  Ana Rodríguez Fernández, monéase a vogal Rosario Capelo Casas  como nova secretaria, e incorporase a Xunta de Goberno  como vogal a suplente da lista electoral María Amparo Borrajo González .

 

DEFENSA DA PROFESIÓN:

  • As traballadoras de servizos sociais do concello de Vigo, xunto con colectivos sociais e sindicatos, e co apoio do COTSG volvéronse a concentrar en Vigo para protestar en contra da precariedade do sistema de benestar nesta cidade na tarde do 18 de decembro. As convocantes reclaman mais persoal e recursos para atender a situación das persoas vulnerables en concreto, e de toda a sociedade viguesa en xeral.

Vídeo resumo da concentración 

 

  • Presentáronse alegacións á resolución do concello de Bande pola que se aproba a modificación da Relación de Postos de Traballo nesta administración. A modificación inclúe a supresión da praza de traballador/a social – coordinador/a do Departamento de Servizos Sociais.

 

O BLOG DO COTSG:

  • Raquel Rodríguez Abal , unha compañeira con ampla experiencia de traballo fálanos do Traballo Social nos programas de protección internacional, aproveitando a data de 10 de decembro na que se conmemoran os dereitos humanos.  Raquel traballa neste momento na Asemblea Local da Cruz Vermella de Vigo.

Podes ler o blog  AQUI