ACTIVIDADES XULLO
07.07.2022 Reunión do Grupo de Traballo e Saúde
08.07.2022 Reunión da Mesa de Fervenzas
11.07.2022 Reunión coa Escola de Formación Permanente UVIGO para trazar posibles liñas de colaboración en canto a posibles investigacións, mestrados e validez dos cursos do COTSG en procesos selectivos.
12.07.2022 Reunión coa Unidade de Estudos Propios da UDC
13.07.2022 Reunión co centro de Estudos Propios da USC
18.07.2022 Xuntanza coa mesa de expertas da Lei 8/2021
19.07.2022 Reunión coa Dirección Xeral de Xustiza
19.07.2022 Xunta de Goberno
20.07.2022 Revisión Software do COTSG
27.07.2022 Reunión coa Mesa de Redacción da Revista Fervenzas
DEFENSA DA PROFESIÓN
- COTSG interpón un Recurso contencioso – Administrativo fronte á Resolución do Director Xeral de Función Pública da Consellería de Facenda e Administración Pública notificada o día 30 de maio de 2022, en virtude da cal desestiman o Recurso de Reposición formalizado fronte á Resolución do 18 de febreiro de 2022 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia que aproba a modificación da relación de postos de traballo referente ao proceso de funcionarización do persoal laboral da Xunta de Galicia. Podes consultar a nova aquí.
- Alegacións á RPT do Concello de Coristanco.
- O COTSG reivindica á Consellería de Cultura, Educación e Universidade as posibles amortizacións das prazas de Traballo Social nos Equipos de Orientación familiar. Así mesmo, as mencionadas atuacións foron informadas ás ANPAS e Sindicatos.
- Revisión de Procesos Selectivos dos Concellos galegos
OUTROS EVENTOS