05.08.2022 O COTSG vén de interpoñer un Recurso contencioso – Administrativo fronte á Resolución do Director Xeral de Función Pública da Consellería de Facenda e Administración Pública notificada o día 30 de maio de 2022, en virtude da cal desestiman o Recurso de Reposición formalizado fronte á Resolución do 18 de febreiro de 2022 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia que aproba a modificación da relación de postos de traballo referente ao proceso de funcionarización do persoal laboral da Xunta de Galicia. Acceder á nova completa.
17.08.2022 Varios concellos están cambiando a nomenclatura de asistente/a social a traballador/a social. Nesta ocasión é o concello de Vilanova de Arousa o que vén de informar do cambio de nomenclarura despois dun escrito de recomendacións enviado polo COTSG.
Seguén activos os seguintes concursos e procesos:
- Concurso 2ª edición: Deseña a portada da axenda do COTSG 2023. Podes consultar as bases aquí.
- Convocatoria para cubrir unha praza vacante na mesa de redacción de Fervenzas pola provincia de Lugo. Podes acceder á convocatoría aquí.
- Convocatoria de propostas de teleformación. Podes consultar as bases aquí.
Seguen activos os seguintes cursos: