RESUMO MENSUAL COTSG – MARZO
Data: Maio 1, 2024
Repasamos todas as actividades realizadas no Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia durante marzo de 2024. Este último mes estivo marcado sen dúbidas polo Día Mundial do Traballo Social e polo movemento de #SonTraballadora/or social e #EuTamén, ideada polo grupo de Servizos Sociais Comunitarios para dar visibilidade ás condicións laborais. Ademáis, sumamos máis actividades neste mes de marzo:

 

Resumo de ACTIVIDADES do COTSG:

01.03.2024 Reunión coa Deputación de A Coruña (+info).

06.03.2024 Xuntanza coa representación de Pensionistas e Xubilados/as en Comisións Obreras para abordar o estado dos Servizos Sociais e a posibilidade de trazar novas vías de colaboración.

06.03.2024 A Xunta de Goberno reúnese para seguir deseñando as actividades da Escola de Verán, que este ano será organizada na nosa Comunidade Autónoma.

07.03.2024 A presidenta do COTSG, Miriam Rodríguez, e a vicepresidenta, Ana Vilar, mantiveron a pasada semana unha xuntanza co director xeral de Inclusión da Xunta de Galicia, Arturo Parrado, e coa subdirectora dos Servizos Sociais Comunitarios e Xestión Económica, Sonia Piñeiro.

  • Na reunión abordouse o acordo de formación para profesionais do Traballo Social e a creación do comité de ética.
  • Ademais, as representantes colexiais trasladaron a situación de sobrecarga dos Servizos Sociais comunitarios, reclamando que poidan centrarse nas súas competencias.

08.03.2024 O COTSG acude ao evento “Xeración 8M” no Museo Gaiás da Cidade da Cultura con motivo da celebración do Día Internacional das Mulleres Traballadoras.

11.03.2024 Reunión do Grupo de Traballo de Educación: Argallando as I Xornadas de Traballo social educativo.

11.03.2024 Reunión do Grupo de Traballo e Servizos Sociais Comunitarios.

12.03.2024 Reunión de Comisión Valoración Informes sociais.

12.03.2024 Reunión da FEGAMP e o COTSG onde se trasladou o desborde dos Servizos Sociais Comunitarios (+info).

14.03.2024 Reunión de Traballo de Exercicio Libre.

14.03.2024 Reunión co CCOO co obxecto de trasladarlle ao sindicato as nosas reivindicacións para mellorar as condicións da profesión.

16.03.2024 O COTSG estivo presente na Asemblea do Consello Xeral en Zamora, xunto cos demais colexios profesionais, a pasada fin de semana.

  • O COTSG foi o colexio escollido para liderar a posta en marcha do modelo de desenvolvemento profesional continuo (DPC).
  • A presidenta do COTSG, Miriam Rodríguez, trasladou ao Consello Xeral e aos demais colexios a situación dos Servizos Sociais Comunitarios en Galicia e solicitou colaboración coas accións que se van a levar a cabo.

18.03.2024 O COTSG Celebra a WEBINAR Xornadas Día Mundial do Traballo social: “O Traballo Social e novos enfoques” para conmemorar o Día Mundial da profesión.

18.03.2024 Miriam Rodríguez, presidenta do COTSG, acude ás “I Xornadas de Traballo Social Eco-social. Bo Vivir: un cambio transformador para un mundo compartido”.

19.03.2024 O COTSG participa co seu STAND informativo na I Xeira do Traballo Social da Escola Universitaria de Traballo Social, en Santiago de Compostela.

20.03.2024 Reunión Comisión Deontolóxica.

21.03.2024 Reunión Grupo de Traballo social e SAF.

 

Resumo Campañas Feminismos 8M:

  • Manifesto do 8 de Marzo (leer aquí)
  • O Grupo de Traballo de Saúde Mental COTSG propón repasar algúns datos relativos ás Mulleres na saúde mental, extraídos da ‘Investigación sobre Violencia contra as mulleres con enfermidade mental’ realizada por FEDEAFES (leer aquí)

 

Resumo de iniciativas enmarcadas na DEFENSA DA PROFESIÓN do COTSG:

  • Campaña en Defensa da profesión #EuSonTraballadoraSocial e #EuTamén
  • Solicitude de rectificación aos medios de comunicación sobre a imprecisión dunha nova da Investigación da Garda Civil en Castroverde: Correxido!

Recursos de reposición presentados:

Concello de Coristanco

    • Recurso Potestativo de reposición á RPT por valoracións que non se adecúan ás funcións desenvoltas.

Concello de Cabanas

    • Incluír necesariamente ao Traballo Social nas titulacións que dan acceso á selección de Educadora/or familiar

RECURSOS ESTIMADOS

Concello de Padrón: Inclúe a Titulación de Traballo Social na praza de Técnica/o de Intervención Familiar

Concello de Ponteareas: Inclúe a Titulación de Traballo Social na praza de Orientación laboral

Concello de As Pontes: Inclúe a Titulación de Traballo Social na praza de Coordinadora/or do programa integrado de emprego

 

Destacamos:

  • Entrada no Blog: Yago Lage, traballador social en ASPERGA: “Un dos retos é a falta de coñecemento sobre as características das persoas con Síndrome de Asperger”. Podes ler a entrevista completa en: https://loom.ly/Y7jcbxM
  • Resolución Premios do día Mundial do Traballo Social 2024, convocados polo propio Colexio Profesional. Podes ver as categorías premiadas en: https://traballosocial.gal/o-cotsg-anuncia-a-resolucion…/
  • Reflexión por parte do COTSG sobre o proxecto da creación dunha planta de celulosa por parte da compañía Altri en Palas de Rei (Lugo)
    • 👉🏼O Traballo Social como profesión está chamado a ser un motor de cambio para unha sociedade máis xusta, con maior benestar individual e colectivo. Neste obxectivo inclúese lograr unha sociedade máis sostible, integrando as premisas do traballo social ecosocial como aspectos transversais da profesión.

 

A formación en marzo: 

Finalizou a seguinte acción formativas:

“Apuntes prácticos para a elaboración de Informes Sociais”, en colaboración coa Deputación de A Coruña, con 30 participantes