RESUMO MENSUAL ABRIL 2024
Data: Decembro 26, 2024

Repasamos todas as actividades e actuacións realizadas no Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia durante abril 2024. Este mes estivo marcado polo éxito das Xornadas de Traballo social educativo: a peza que falta! e na organización da próxima Xornada de Traballo Social e Saúde. Ademais, sumamos máis actividades neste mes de abril:

02.04.2024 Reunión do Comité organizador das IV Xornadas de Traballo Social e saúde

10.04.2024 Reunión do Grupo de traballo Social e Servizos sociais comunitarios

11.04.2024 Dentro do Convenio asinado coas ANPAS, mantivemos a primeira Xuntanza coa Fanpa Compostela para presentar as actividades dirixidas polo COTSG ao alumnado, familias e comunidade educativa (+info).

12.04.2024 Reunión de Xunta de Goberno

16.04.2024 Reunión do Comité organizador das IV Xornadas de Traballo Social e saúde

19.04.2024 No marco do V Congreso Internacional e XIV Congreso de facultades e escolas de Traballo Social, celebrado en Málaga do 17 ao 19 de abril, o COTSG tivo representación a través de Ana Vilar, vicepresidenta do COTGS e vogal do Consello, máis as integrantes do grupo de Traballo social educativo: Diana Escobar e Ana Souto: (+info)

20.04.2024 ¡A escola de verán está caer! A Xunta de Goberno e o Consello Xeral visitan ás instalacións e revisan as actividades no lugar escollido: A Ribeira Sacra, na provincia de Ourense (+info).

22.04.2024 Reunión do grupo de Traballo sanitario: colaborando co Consello Xeral para continuar cun mapeo que visualice as prazas de Traballo social no sistema de saúde.

22.04.2024 O COTSG, en conxunto co grupo de Traballo social e comunitarios, reúnense coa UXT

24.04.2024 Reunión da Comisión de Infancia e Familia

24.04.2024 Reunión da Xunta de Goberno e do persoal do COTSG para avanzar no proxecto de investigación da situación social na nosa comunidade galega.

22.04.2024 O COTSG, en conxunto co grupo de Traballo social e comunitarios, reúnense coa CIGA.

30.04.2024 Reunión da Comisión de valoracións de informes: traballando en criterios comúns para a elaboración de informes para os xulgados.

 

XORNADAS

  • Webinar FAXPG presentación de recursos para mulleres xordas que poidan estar sufrindo violencia de xénero
  • XORNADAS “aproximación á lei 8/2021 e outras normativas de interese para as persoas con dano cerebral adquirido (+ info)
  • Xornadas Traballo social educativo: A peza que falta! (+info)

 

Resumo de iniciativas enmarcadas na DEFENSA DA PROFESIÓN do COTSG:

  • O COTSG solicita ao Instituto de Seguridade Social (INSS) maior accesibilidade para as persoas usuarias e mellorar a COORDINACIÓN con servizos Sociais (+info).
  • Recurso potestativo de reposición fronte ás bases específicas para o acceso en propiedade de dúas prazas de animador/a sociocultural pertencentes ao cadro de persoal funcionario do Concello de Lugo, por non contar coa titulación de Traballo Social.

 

O COTSG en medios:

  • Entrevista na SER a Miriam Rodríguez, presidenta do COTSG, sobre os novos retos do novo Goberno en materia de Política Social (escoita a entrevista)

Destacamos:

  • O grupo de Traballo social sanitario elabora unha infografía para o Día Mundial da Saúde sobre o Traballo social sanitario (prema aquí)
  • O Día do emprendemento compartimos a guía elaborada polo Grupo de Traballo de exercicio libre (prema aquí)