Resumo mensual: abril 2023
Data: Novembro 25, 2024

Repasamos todas as actividades realizadas no Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia durante o mes de abril de 2023. 

Resumo de iniciativas enmarcadas na Defensa da Profesión do COTSG:  

Recursos de reposición: 

  • Concello de Dodro:
    • Bases e Convocatoria de selección de persoal para formación de bolsa de emprego de persoal técnico para o desenvolvemento do proxecto de prevención de condutas aditivas dos Concellos de Dodro, Padrón, Rois, Valga e Rianxo.
    • Por non incluír na valoración dos méritos, a formación impartida polo Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia.
  • Concello Mos:
    • Bases específicas para a creación dunha bolsa de emprego de prazas de Traballador/a Social.
    • Por non incluír na valoración dos méritos, a formación impartida polo Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia.
  • Concello Sada:   
    • Bases específicas para a creación dunha bolsa de emprego para postos de Educador/a Social  
    • Porque o temario esixido non se adecúa ao posto de traballo de Educador/a Social resultando materias propias, específicas e exclusivas do Traballo Social. 

A formación en abril:  

Iniciáronse as seguintes accións formativas:

  • “Deseño de Proxectos Socioeducativos con perspectiva de Xénero desde Traballo Social”(2ª ed), con 15 participantes 

Continúa aberto o prazo de inscrición para outras accións formativas do COTSG que se van desenvolver nos vindeiros meses: 

  • Xestión e coordinación de SAF_ 4ª ed
  • Traballo social en centros de atención a persoas maiores
  • Intervención con persoas con discapacidade. Impacto da nova reforma 

Publicáronse 34 accións de formación, externas ao COTSG, de interese para a profesión. 

O COTSG nos medios: 

Novas destacadas: