¿QUE ACCIÓNS LEVOU A CABO O COTSG DURANTE O MES DE OUTUBRO?
04.10.2021. Reunión Seguimento novo Software co responsable informático do COTSG.
05.10.2021. A Xunta de goberno e a Coordinadora do Grupo de Inclusión, Nuria Chao, manteñen unha reunión coa Dirección Xeral de Inclusión Social para trasladar propostas para a nova Lei de Inclusión.
06.10.2021. Reunión do Grupo de Traballo social e feminismos.
08.10.2021. A coordinadora do COTSG, Nerea Fernández, acude A xornada de Saúde Mental da Xunta de Galicia
08.10.2021. Reunión do Grupo de TRaballo social e SAF
13.10.2021. Webinar “Problemas frecuentes nos internamentos involuntarios residenciais. Retos da Nova Lei 8/2021, desde a perspectiva do Traballo social”.
18.10.2021. Webinar “A supervisión profesional: un dispositivo para a calidade da intervención e o autocoidado profesional”.
19.10.2021. A Vogal, ana Rodríguez, asiste ao Consello Galego de Benestar Social da Xunta de Galicia.
21.10.2021. Reunión da Xunta de Goberno con Sonia Piñeiro, Subdirectora xeral de Servizos Sociais Comunitarios e Xestión Económica, para o seguimento do novo portal MATIASS.
22.10.2021. Reunión da Comisión de Infancia e Familia.
26.10.2021. Reunión da Comisión Deontolóxica.
29.10.2021. Xunta de Goberno.
Formación:
Iniciáronse as seguintes accións formativas:
- “Intervención Social con Mulleres e nenos/as vítimas de V.Sexual”, con 69 participantes.
- “Intelixencia Emocional aplicada ao C.Deontolóxico do T. Social”, con 25 persoas participantes.
Remataron os cursos:
- “Responsabilidade Social de Xénero” que contou con 14 persoas.
- “Intelixencia Emocional aplicada ao C.Deontolóxico do T.Social, con 25 persoas.
- “Introducción á Etica da Intervención Social”, promovido pola FEGAMP, con 20 participantes.
Celebráronse 2 webinars:
- [Problemas frecuentes nos internamentos involuntarios residenciais. Retos da nova lei 8/2021 desde a perspectiva do traballo social], celebrado o 13 de outubro no que participaron 206 persoas.
- [A Supervisión profesional: Un dispositivo para a calidade da intervención e o autocoidado profesional], celebrado o 18 de outubro e que contou con 32 participantes.
Publicáronse 64 accións de formación, externas ao COTSG, de interese para a profesión.
Outras actividades:
- O COTSG abre o prazo entre o 6 e o 20 de novembro para NOVAS inscricións nas listaxes profesionais de aplicación no ano 2022.
- O COTSG abre o prazo ata o 12 de novembro para o envío de propostas de teleformación de cara o ano 2022.
- Reclámase o desenvolvemento dunha rede de recursos terapéuticos especializados para persoas cunha demencia neurodexenerativa levados a cabo con profesionais especializados.
- O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia reúnese coa Dirección Xeral de Inclusión social para trasladarlle as propostas iniciais traballadas en conxunto cos Grupos de Traballo Social e Servizos Sociais máis o Grupo de Traballo de Inclusión Social, en canto á inminente reforma da Lei de inclusión.