RESUMO DAS ACTIVIDADES DO EQUIPO E A XUNTA DE GOBERNO DO COTSG DO MES DE NOVEMBRO DE 2021
Data: Novembro 26, 2024

¿QUE ACCIÓNS LEVOU A CABO O COTSG DURANTE O MES DE NOVEMBRO?

04/11/2021 A Presidenta do COTSG, Miriam Rodríguez, acude á reunión da proposta do Modelo de Acreditación do Desenvolvemento Profesional Contínuo (DPC), elaborado polo Consello Xeral de Traballo Social e presentado en Asemblea en marzo 2020.

05/11/2021 Xuntanza da Comisión de Infancia e Familia do COTSG.

12/11/2021 Presentación da Quenda de Garda social na Mesa interlocal de Violencia de Xénero en Lousame.

16/11/2021 A Técnica Nerea Fernández participa na elaboración da Guía con perspectiva de xénero de Traballo Social do Consello Xeral de Traballo social.

19/11/2021 Presentación na Escola Universitaria de Traballo social dos beneficios e servizos de estar colexiada/o.

22/11/2021 Taller do Consello Xeral  respecto as cotas impagadas por parte das persoas colexiadas.

24/11/2021  Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia reúnese coa Secretaria Xeral Técnica e co Subdirector Xeral de dependencia e valoración da discapacidade.

24/11/2021 Reunión interna respecto á proclamación da única candidatura presentada.

26/11/2021 Xunta de Goberno

30/11/2021 Presentación da Quenda de Garda social no Concello de Carballo.

30/11/2021 O Secretario Antonio Doval acude a recoller os premios da Medalla de Oro na Cidade de Lugo, mérito para as e os T.s como servizos esencias en época de pandemia.

No apartado de formación leváronse a cabo:

Iniciáronse as seguintes accións formativas:

“Intervención social con persoas que presentan problemas relacionados co consumo de drogas e outras condutas adictivas”, no que tomaron parte 13 persoas.

Abriuse o prazo de inscrición no Webinar [Presentación do novo portal do MATIASS]  que se celebrará o vindeiro 14 de decembro, en modalidade online, co fin de dar a coñecer o novo portal aos profesionais usuarios do MATIASS.

Remataron os seguintes cursos:

  • “Intervención social con mulleres e nenos/as vítimas de violencia sexual” que contou con 69 participantes.
  • “Curso Introdutorio [Supervisión: Un instrumento para a calidade da intervención social e o autocoidado das/os profesionais]”, no que participaron 12 persoas.
Información mes de novembro en Defensa da Profesión
1. Queixas e reclamacións
Recursos a día 26.11.2021 : A Estrada
Recomendacións: Culleredo
2. Nomeamentos listaxes: Valoración SAF Concello de Pol
3. Publicación de ofertas de emprego (ofertas): 65
4. Defensa profesión:
  • Posicionamento responsabilidade técnica SAF.
  • Xuntanza Secretaria Xeral Tecnica + Subdirección – Modificación Decreto dependencia
  • Consideracións ante a modificación do decreto de dependencia
  • Consideracións modificación decreto atención primaria
  • Consideracións Unidades asistenciais multidisciplinares SERGAS