05.03.2021 Xuntanza coa Universidade de Vigo para dar comezo á diagnose do Sistema de Servizos Sociais na Comunidade Autónoma galega.
09.03.2021 Reunión do seguimento da páxina Web
13.03.2021 O COTSG acude á Asemblea Xeral do Consello Xeral de Traballo Social
26.03.2021 O COTSG reúnese con Olalla Rodil, do BNG para trasladarlle as eivas existentes no Sistema de Servizos sociais
27.03.2021 Xuntanza da Mesa de SAF como obxectivos xerais os seguintes:
- Elaborar un modelo de ordenanza reguladora de SAF
- Elaborar un modelo de regulamento de sAF
- Elaborar un modelo de pregos de SAF
29.03.2021 A Técnica Nerea Fernández e a Traballadora social Karina Pérez, participan no Seminario de Boas prácticas da psicoloxía e do social para a atención das mulleres que sofren violencia de xénero.
30.03.2021 Reunión do Grupo de traballo e Inclusión social do COTSG.
Queixas e reclamacións
Remitiuse a todos os Concellos de Galicia modelo de bases de proceso selectivo Traballador/a social e consideracións. Consúltaos aquí:
Revisión de Bases Concellos: Chantada, Ponteareas, Ortigueira, Carral, O Pino, Cabana de Bergantiños, Muxia, Sober, Meis, Cedeira.
Recursos interpostos: Ortigueira, Ponteareas, Carral.
Novas:
Consideracións do Certificado do IMV. Consúltao aquí: ConsideraciónsIMVcertificado.
Reclamación da vacinación para o persoal de Traballo social. Consúltao aquí: Consulta_Vacinas
Creación dunha canle de difusión en Telegram de información para a colexiación.
O COTSG retoma a súa actividade e atención presencial na súa sede (rúa Dublín 6, baixo, Santiago de Compostela en horario de 9 a 19h de luns a venres.
O COTSG consegue a retirada dunha noticia vexatoria para unha persoa sen teito en La Voz de Galicia.
Formación
Accións formativas iniciadas:
- Traballo Social Forense, con 21 persoas inscritas.
- Persoas sen fogar e feminización da pobreza, con 100 participantes, no marco da colaboración coa
- Dirección Xeral de Inclusión Social da Xunta de Galicia.
- Introdución á Ética de Intervención Social con 20 persoas participantes, promovido pola Deputación da Coruña ao abeiro do Plan Integrado de Formación 2021.
Pílulas e webinars desenvolvidos:
- O 2 de marzo celebrouse a Pílula formativa de Fiscalidade e Facturación que contou con 19 participantes.
- O 3 de marzo tivo lugar a Pílula formativa de Autodefensa Laboral á que asistiron 18 persoas.
- O 11 de marzo celebrouse o Webinar sobre Emprendemento en Traballo Social que contou coa asistencia de 36 persoas.
Premios Día Mundial do Traballo Social: Publicouse a resolución dos Premios e fíxose un breve acto de entrega virtual no que participaron representantes do xurado e as persoas premiadas, moderado pola Presidenta do Colexio.
Abriuse a inscrición para as seguintes accións formativas:
- Curso COTSG: Responsabilidade Social de Xénero
- Curso COTSG: Intelixencia Emocional e Deontoloxía Profesional aplicada ao Traballo Social
Publicáronse 33 accións de formación, externas ao COTSG, de interese para a profesión.