O Ministerio de Derechos Sociales y Agenda 2030 destacou as axudas aprobadas para reforzar os servizos sociais municipais dende agora e durante todo o ano 2025. Tratase de unha partida de 50 millóns de euros que se repartiran segundo o recollido no Real Decreto-Lei 7/2024, do 11 de novembro, polo que se adoptan medidas urxentes para o impulso do Plan de resposta inmediata, reconstrucción e relanzamento fronte ós danos causados pola Depresión Illada en Niveis Altos (DANA) en diferentes municipios entre o 28 de outubro e o 4 de novembro de 2024.
Ademais desta axudas destinou fondos a entidades sociais do ámbito da protección social. 5 millóns de euros á plataforma de entidades do terceiro sector, e 700.000 € ó Consejo General de Trabajo Social para un proxecto de reforzo e despregue do Grupo Estatal de Intervención en Emerxencias sociais. Esta pioneira intervención estará destinada exclusivamente á atención das persoas afectadas.
O Consejo General e COTS de Valencia levan dende comezo desta emerxencia colaborando, en coordinación coas entidades municipais afectadas, na axuda á poboación afectada. Publicando un comunicado conxunto o pasado sábado no que se recolle as medidas que propoñen dende o Traballo Social para paliar esta crise.
Lembrar que o Consejo General continúa a campaña de recollida de doazóns, e que neste momento levase acumulado 6.700 €. Dende aquí queremos animarvos a todas e a todos a colaborar. Enlace