A Fundación Grandes Amigos é unha ONG de voluntariado, de ámbito estatal e fundada en 2003, que acompaña ás persoas maiores en risco ou situación de soidade e loita polos seus dereitos. Contribúen a que poidan envellecer con saúde, benestar e dignidade. Para isto contan con diferentes programas de acompañamento afectivo, socialización e sensibilización.
Programas:
- Acompañamento afectivo: en domicilio ou en residencia. Este programa estás a realizarse en Vigo, no País Vasco: Donosti, Lasarte- Oria, Tolosa, e en Cantabria: Val de San Vicente. En Madrid, levan a cabo nos 21 distritos xunto con municipios: San Fernando de Henares, Torrejón de Ardoz, Móstoles/ Parla
- “Grandes Veciños”: pon en contacto a veciños da zona con persoas que viven en soidade (programa en fase inicial no barrio de Teis en Vigo).
Podedes acceder a toda a información na seguinte ligazón