Alume, a Asociación lucense pola recuperación e a integración das persoas con trastornos mentais, vén de ofrecer este novo recurso: Grupo de autoaxuda para o dó por suicidio.
Cun funcionamento propio dun grupo de autoaxuda, dirixido e orientado polos profesionais da asociación, o programa trata de aportar un sentido de comunidade e apoio a través dun espazo empático, que permita ter a sensación de sentirse comprendido, compartir experiencias persoais, datas significativas, aniversarios…
O obxectivo xeral é axudar á persoa na elaboración do dó tentando reducir a posible patoloxización, acompañando na aceptación da perda e na aprendizaxe de vivir sen a persoa querida.
Datos de contacto para interesados:
Tfno. 982 251 602
Email: correo@alume.org